Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5837

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de xaneiro de 2012 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 8 de xullo de 2011.

Mediante Orde do 8 de xullo de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia número 147, do 2 de agosto, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretaria/o director xeral.

Nivel: 18.

Código: FCC040000015770001.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Orzamentos.

Localidade: Santiago de Compostela.