Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6549

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 474/11, interposto por Dioly García Poupariña.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 474/11, interposto por Dioly García Poupariña, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 29 de agosto de 2011, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 10 de xuño de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2010 das listaxes para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública