Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-78/2011, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador S-78/2011, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, a Irene y Sonia, C.B. (Despacho de pan Irene).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Irene y Sonia, C.B. (Despacho de pan Irene) o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: S-78/2011.

Interesada: Irene y Sonia, C.B. (Despacho de pan Irene).

DNI/NIF/CIF: E27298743.

Último enderezo coñecido: rúa Nova, 17, Monterroso (Lugo).

Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigo 2.1.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 5.1 do Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 41.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: douscentos euros (200 €).