Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas L.M.T.S., C.T.C., R.B.T., Cereixo-A Esquipa (Vimianzo e Camariñas) (expediente 113/2011).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas subterráneas a 20 kV, cunha lonxitude total de 1.221 m, con orixe no C.T. A Esquipa-Ponte do Porto e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Cereixo-A Esquipa, no termo municipal de Vimianzo (expediente n.º 113/2011), por resolución desta xefatura territorial do 14 de setembro de 2011, a favor da entidade beneficiaria Electra del Jallas, S.A. con domicilio na praza da Constitución, n.º 17, 15270 Cee (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 22 de marzo de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Opinión de datas 23 de maio, 27 de abril e 27 de abril de 2011, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial