Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete á información pública o proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da empresa Plastic Omnium en Cedeira, Redondela, declarado como de incidencia supramunicipal polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de febreiro de 2012.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 2 de febreiro de 2012, declarar o proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da empresa Plastic Omnium en Cedeira, Redondela, promovido pola empresa Plastic Omnium Componentes Exteriores, S.L., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Por tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na comunidade autónoma, e de audiencia aos concellos afectados polo plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter á información pública o proxecto sectorial para a ampliación das instalacións da empresa Plastic Omnium en Cedeira, Redondela, declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de febreiro de 2012, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas disporán do citado prazo dun mes para examinar o proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra e no Concello de Redondela, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas