Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Federación Galega de Empresarios do Rural.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse o 2 de febreiro de 2012 acta da asemblea xeral extraordinaria da Federación Galega de Empresarios do Rural, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 34 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais