Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da modificación do artigo número 2 dos estatutos da entidade Galdrachán Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo número 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo número 2, domicilio social, dos estatutos da entidade Galdrachán Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Monte dos Postes, número 47, local 11, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo número 2 domicilio social, dos estatutos da entidade Galdrachán Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Monte dos Postes número 47, local 11, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña