Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7558

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RS 5958/2008 GA).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 5958/2008 GA, ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 658/2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por Eduardo Castro Mera contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Arquitectura y Construcciones Proyarqui, S.L., sobre incapacidade temporal, con data do 6.2.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da mutua demandada, contra a sentenza do 30.10.2008, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 658/2008, confirmamos a sentenza obxecto de recurso.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Arquitectura y Construcciones Proyarqui, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización, expido e asino este edicto na Coruña o 6 de febreiro de 2012».

A secretaria xudicial