Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO de información pública sobre sala de despezamento de caza nas Rodas, neste concello.

O Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) solicitou desta alcaldía licenza municipal para sala de despezamento de caza que se situará nas Rodas-A Fonsagrada. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Fonsagrada, 2 de febreiro de 2012.

Argelio Fernández Queipo
Alcalde