Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de febreiro de 2012, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Gas Galicia, SDG, S.A. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Ribeira para legalización de redes de gas existentes e execución de acometidas (expediente 12-48-11-C-2).

Gas Galicia, SDG, S.A. solicita a concesión administrativa de terreos de dominio público portuario do porto de Ribeira para a legalización de redes de gas existentes e execución de acometidas segundo o proxecto e separata de autorización de instalacións de rede de distribución de gas natural, termo municipal de Ribeira, redactado polo enxeñeiro industrial Alfonso Vázquez Varela (colexiado n.º 1130).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, (BOE núm. 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na rúa Alférez Provisional, 5-1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefe da Zona Centro de Portos de Galicia