Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun aloxamento caprino en Montecelo.

Daniel Fernández Jardón solicitou a licenza de construción dun aloxamento caprino en Montecelo (Baltar), situado no predio 1533 do polígono 503 sometido a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

O expediente obxecto desta información pode ser consultado polas persoas que se consideren afectadas nas oficinas municipais en horario de oficina das 8.30 ás 14.30 horas.

Baltar, 6 de febreiro de 2012.

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde