Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9457

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG n.º 208, do 28 de outubro) e pola Lei 12/2007, do 27 de xullo (DOG n.º 153, do 8 de agosto),

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta secretaría e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Cadernos Ramón Piñeiro (XVII): Bibliografía e Hemerografía de Ramón Piñeiro: 5 euros.

Cadernos Ramón Piñeiro (XVIII): Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán en modo de antífona: 8 euros.

Cadernos Ramón Piñeiro (XIX): Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla: 6 euros.

Cadernos Ramón Piñeiro (XX): Remuíño de Prosas. Álvaro Cunqueiro: 5,10 euros.

Soma de craridades por Álvaro Cunqueiro e unha carta a Luis Seoane por Santiago Montero Díaz: 4 euros.

Manual básico de documentación administrativa e xurídica: 12 euros.

A prensa galega en Cuba: 6 euros.

Quince sonetos de amor e once poemas máis: 8 euros.

Lume Aceso. Francisco Fernández del Riego: 11,05 euros.

Informe de Literatura 2010: 8 euros.

Cadernos de fraseoloxía galega 13: 9 euros.

Dicionario xurídico galego: 57,69 euros.