Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 1 de marzo de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00585-O-2011 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 1 de marzo de 2012.

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Persoa sancionada

-DNI/CIF

-Último enderezo coñecido

-Infracción cometida

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

cualificador

-Precepto

sancionador

-Sanción imposta

OU-00585-O-2011

0747-FCD

Garda Civil 3203 L24919Z

Travel Operador de Transporte, S.L.

B34248468

Juan de Balmaseda, 1

34004 Palencia, Palencia

Levar instalado un tacógrafo que carece de precintos da placa de montaxe (ou levalos rotos ou deteriorados).

20.4.2011; 12.40.00; A-52; 00143,00

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.5 LOTT (*) art.198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

301 euros

OU-00886-O-2011

1492-DPG

Garda Civil 3200 W74256Q

Sousarias, S.L.

B32282220

José María Pereda Álvarez, 4

32600 Verín, Ourense

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA, carecendo de autorización.

20.4.2011; 17.55.00; OU-536; 52,400

Art. 142.25 LOTT, art. 141.13 LOTT, art. 199.25 ROTT, art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, art. 201.1.b) ROTT

400 euros