Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2011239SEA por infraccións en materia sanitaria.

O 15 de febreiro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2011239SEA incoado a Falar e Xantar, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Falar e Xantar, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 1 de marzo de 2012.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2011239SEA.

Interesada: Falar e Xantar, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15910409.

Derradeiro enderezo coñecido: Linneo, 8. Santa Cristina. Oleiros.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1 e 51.1 parágrafo 4.º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, anexo II, capítulo I, II e V.

Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigo 3.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €. Trescentos euros.