Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de encerados dixitais para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar (expediente SXSI 05/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Servizo de Xestión Administrativa e de Centros.

c) Número de expediente: SXSI 05/12.

d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 21 de marzo de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición dun mínimo de 250 pantallas/encerados dixitais interactivos para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. CPV: 30200000-1 e 30195910-4.

c) Lugar de entrega da subministración: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nos distintos centros educativos.

1) Domicilio: polígono industrial de Toedo.

2) Localidade: A Estrada (Pontevedra). Código postal: 36680.

d) Prazo de execución: 60 días desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) Establecemento dun acordo marco: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1 e 30195910-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 180.000,00 €; IVE (18%): 32.400,00 €. Importe total: 212.400,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de licitación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17310

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 18 de abril de 2012, ás 15.00 horas.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2.ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o 27 de abril de 2012, ás 10.30 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria