Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO sobre solicitude de licenza para a instalación de planta satélite de gas natural licuado.

Juan Ignacio Agustín Losada Cardoso en representación de Clavo Congelados, S.A. solicita desta alcaldía licenza municipal para instalación e funcionamento da actividade de planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado para subministración a fábrica de produtos de alimentación no lugar de Outeiro, parroquia de Bemil deste termo municipal, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, a fin de que durante este que comenzará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Oficina de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.

Caldas de Reis, 6 de marzo de 2012.

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde