Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de solicitude de licenzas urbanísticas (expedientes 38478/422 e 38918/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Pérez Torres Marítima Vigo, S.L. Actividade: expedición xeral de mercadorías. Situación: peirao Areal, almacén n.º 4. Expediente: 38478/422.

2. Solicitante: Neuwalme, S.L. Actividade: montaxe e venda de compoñentes de maquinaria pneumática e hidráulica en xeral. Situación: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, parcela II, subparcela 102; expedientes: 75604/421 e 38918/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 16 de febreiro de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos