Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 43 sito en Guitiriz, relativo ao proxecto 00574 (expediente 2008/004871).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Segundo González Paderne o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 43, sito en Guitiriz, relativo ao proxecto 00574, expediente 2008/004871, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00574-reelectrificacion en Ferreira. Exp. 013/2005 A.T. TM Guitiriz.

N.º de expediente: 2008/004871.

Persoa a notificar: Segundo González Paderne.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Lugo.

Expropiado: Segundo González Paderne.

Beneficiaria: BEGASA.

Predio n.º: 43.

Concello: Guitiriz.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do Xurado: 509,16 €.