Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11442

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público que no seu número 5 regula a provisión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal e dispón que as comunidades autónomas, no seu ámbito territorial, regularán as bases comúns do concurso ordinario así como a porcentaxe de puntuación que corresponda a cada un dos méritos enumerados no dito precepto e de conformidade co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal; e da Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE n.º 192, do 12 de agosto) e demais normativa concordante, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Dar publicidade á convocatoria do concurso ordinario de Galicia de traslados para a provisión dos postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal vacantes nas entidades locais, de conformidade coas bases comúns polas que se debe rexer o concurso, que se publican no anexo I, e a relación de bases, méritos autonómicos, méritos específicos e comisións avaliadoras aprobados por cada unha das corporacións locais que se mencionan no anexo II.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO I
Bases comúns

Primeira. Postos.

Ofrécese neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas.

Segunda. Participación.

1. Os/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, así como os/as funcionarios/as non integrados nas actuais subescalas, pertencentes aos extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar aos postos que se ofrecen, nos termos seguintes:

– Os/as secretarios/as de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

– Os/as secretarios/as de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

– Os/as secretarios/as de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención.

– Os/as secretarios/as de concellos a extinguir, ás secretarías de concellos con poboación que non exceda os 2.000 habitantes.

– Os/as interventores/as, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

– Os/as depositarios/as, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, pero unicamente a postos de tesouraría.

2. Non poderán concursar:

a) Os/as funcionarios/as inhabilitados/as e os/as suspensos/as en virtude de sentenza ou resolución administrativa firmes, se non transcorrer o tempo sinalado nelas.

b) Os/as funcionarios/as destituídos nos termos que estableza a normativa e durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os/as funcionarios/as que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo por concurso en postos reservados, agás que sexa a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos de remoción ou supresión de postos.

d) Os/as funcionarios/as que se atopen nos demais supostos previstos na normativa autonómica.

Terceira. Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de quince días naturais a partir da publicación deste concurso no DOG, os/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal que desexen tomar parte nel dirixirán á corporación local do posto a que concursan a seguinte documentación:

– Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 28.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

– Documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base quinta desta resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo II.

– Certificación da Dirección Xeral de Administración Local acreditativa dos méritos xerais de determinación estatal.

2. Os/as concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica e certificación dos xerais de determinación estatal en todas as corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de quince días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Dirección Xeral de Administración Local. A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, tanto se se concursa a unha ou a varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, cuxo único obxecto é evitar a adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada corporación local. De non ser comunicado suporá a exclusión do/da concursante no proceso.

3. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme os modelos que se xuntan nos anexos III e IV.

4. Os requisitos exixidos, así como os méritos, deberán reunirse na data correspondente á resolución da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

Cuarta. Coñecemento da lingua galega.

De conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, nas bases do concurso ordinario exixirase como requisito o coñecemento do idioma galego que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

A comisión de valoración do concurso realizará unha proba de carácter eliminatorio aos/ás aspirantes que non acrediten a posesión do Celga 4 ou equivalente.

Esta proba, que se valorará co resultado de apto ou non apto, está destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao exixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente.

Para a realización desta proba, a comisión de valoración incorporará asesores/as especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Quinta. Méritos de determinación autonómica.

1. Méritos.

Os méritos relacionados co coñecemento das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia serán incluídos polas corporacións locais na respectiva convocatoria.

Para tales efectos, o baremo de méritos autonómicos está constituído polos seguintes:

– Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa autonómica de Galicia.

– Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

– Actividade docente: dirixida ao ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, persoal e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración con esta.

– Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e do dereito propio de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior é a seguinte:

– Experiencia profesional: ata un máximo de 0,90 puntos.

– Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1,50 puntos.

– Actividade docente: ata un máximo de 0,30 puntos.

– Publicacións: ata un máximo de 0,30 puntos.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servizos prestados valoraranse do seguinte xeito:

– Servizos prestados coma funcionarios/as de carreira con habilitación de carácter estatal en postos reservados nas entidades locais de Galicia.

a.1) Da mesma subescala e categoría á cal se concursa: 0,03 puntos/mes.

a.2) De distinta subescala e categoría á cal se concursa: 0,02 puntos/mes.

– Servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma galega como funcionarios/as de carreira en postos non reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal:

a.1) Do subgrupo A1: 0,01 puntos/mes.

a.2) Do subgrupo A2: 0,005 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

– Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, universidades e organismos públicos dedicados á formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas, que previamente teñan sido homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública para os efectos deste artigo.

Só se valorarán aqueles cursos que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia, exceptuándose os que forman parte dos procesos selectivos correspondentes.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola Escola Galega de Administración Pública en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter estatal, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola Escola Galega de Administración Pública indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estiver determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos en que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter estatal, da forma seguinte:

– Cursos con certificado de asistencia de duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,10 puntos por curso.

– Cursos con certificado de asistencia de duración superior a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento con duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,30 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento de duración superior a 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Máximo: 1,5 puntos.

– Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose os congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes.

– Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os/as concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos pola comisión avaliadora.

A comisión avaliadora do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Sexta. Méritos específicos.

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se detallan no anexo II.

Sétima. Admisión de instancias.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, e por proposta da comisión, será aprobada polo presidente da corporación a lista provisional de persoas admitidas e excluídas nos 10 días naturais seguintes. O texto da dita resolución publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios da corporación; neste último figurará, ademais, a lista comprensiva de todas elas, concedéndolle a quen resulte excluído o prazo de 15 días naturais para emendar os defectos advertidos ou formular as reclamacións a que houber lugar.

Finalizado o prazo de reclamacións e a emenda de defectos, o/a titular da presidencia da corporación aprobará a lista definitiva resolvendo sobre aquelas conforme a motivación da comisión avaliadora. O acordo aprobatorio farase público na mesma forma indicada para a lista provisional.

Oitava. Valoración de méritos.

1. De acordo coas previsións da convocatoria, a comisión avaliadora comprobará e valorará os méritos específicos alegados de acordo coas regras e coas puntuacións establecidas no Decreto 4949/2009, do 26 de febreiro. Así mesmo, comprobará o coñecemento da lingua galega nos termos previstos no Decreto 103/2008, do 8 de xuño.

Non se valorarán aqueles méritos que non se consideren suficientemente acreditados coa documentación presentada.

2. Para a valoración dos méritos autonómicos no concurso ordinario, as comisións avaliadoras poderán solicitar á consellería competente en materia de réxime local informe respecto da puntuación das solicitudes presentadas.

3. Coa puntuación que se deduza das valoracións, sumada aos méritos xerais e autonómicos, a comisión elevará proposta á corporación comprensiva dos/as candidatos coa orde da valoración final de méritos.

4. A comisión de valoración comprobará a concorrencia nos/nas concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria, excluíndo aqueles que non os reúnan. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

– Méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, segundo a certificación da Dirección Xeral de Administración Local sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte da comisión de valoración.

– Méritos específicos, ata un total de 7,50 puntos, e méritos de determinación autonómica, ata un total de 3 puntos, con base na documentación acreditativa presentada polos concursantes.

Respecto dos postos en que non teñan méritos específicos, a comisión de valoración asignará unicamente a puntuación de méritos autonómicos, se existiren.

5. Tamén poderán sinalar unha puntuación mínima no caso indicado no artigo 21.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, e a previsión dunha exposición oral para os efectos de concreción dos méritos.

6. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, a comisión avaliadora dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De se manter o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, resolverase conforme a orde de prelación de méritos xerais, seguindo a orde de enumeración deles determinada na normativa estatal. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Novena. Proposta de resolución.

Efectuadas pola comisión de valoración a exclusión e puntuación final de concursantes, elevará ao presidente da corporación proposta de resolución comprensiva de todos os non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos/as.

Décima. Resolución.

1. O presidente da corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada pola comisión de valoración.

2. A devandita resolución será motivada con referencia ao cumprimento das normas regulamentarias e das bases de convocatoria. En todo caso deberán quedar acreditadas, como fundamentos da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos/as candidatos/as, e comprender, por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos/as.

3. A resolución do concurso será remitida á Dirección Xeral de Administración Local dentro do prazo de 90 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Décima primeira. Coordinación de nomeamentos.

1. A Dirección Xeral de Administración Local, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectuar a coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, con adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e a puntuación obtida en cada un dos postos afectados.

Décimo segunda. Formalización de nomeamentos.

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral de Administración Local procederá a formalizar no prazo dun mes os nomeamentos procedentes, con publicación no DOG, dando traslado da resolución ao Ministerio de Política Territorial para a súa publicación no BOE e a súa inclusión no Rexistro de Funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal.

Décimo terceira. Prazo para a toma de posesión.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade, ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

2. Este prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución de nomeamentos no DOG.

Se o destino obtido comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación.

3. O cómputo de prazos para a toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, se lles concedesen aos interesados.

4. Por necesidades de servizo, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferir o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta deste acordo á Dirección Xeral de Administración Local.

Décimo cuarta. Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

Os concursantes non poderán renunciar ao concurso nin ao posto que sexa adxudicado a partir do momento en que os tribunais eleven proposta de resolución á corporación.

As adxudicacións de postos no concurso terán carácter voluntario e non xerarán, en consecuencia, dereito ningún ao aboamento de indemnización por traslado.

Décimo quinta. Cesamento e toma de posesión.

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ao posto, e o/a funcionario/a pasará a depender da correspondente corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes serán comunicadas á Dirección Xeral de Cooperación Local e á Dirección Xeral de Administración Local, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo sexta. Recursos.

Os actos administrativos dos tribunais de valoración poderán ser impugnados conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

ANEXO II
Bases específicas polas que se rexerán os concursos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal

* Secretaría-Intervención do Concello de Antas de Ulla (Lugo).

Denominación da corporación: Concello de Antas de Ulla.

Poboación a 31 de decembro de 2010: é superior a 2.000 habitantes.

Denominación do posto: Secretaría de clase 3.ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 22.

Contía anual do complemento específico: 12.136,36 euros.

Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 3,60 puntos.

A.1. Por servizos prestados mediante nomeamento definitivo, provisional ou en comisión de servizos, en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, da subescala de secretaría-intervención, en corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten con plan xeral de ordenación municipal definitivamente aprobado, cando durante a prestación dos servizos se levase a cabo a devandita aprobación definitiva (valoraranse tanto os servizos prestados con anterioridade á aprobación definitiva como os servizos prestados con posterioridade á devandita aprobación definitiva): 0,10 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 2,40 puntos.

A.2. Por servizos prestados mediante nomeamento definitivo, provisional ou en comisión de servizos, en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, da subescala de secretaría-intervención, en corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten con centro de día para maiores: 0,05 puntos por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 0,80 puntos.

A.3. Por servizos prestados mediante nomeamento definitivo, provisional ou en comisión de servizos, en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, da subescala de secretaría-intervención, en corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia cun orzamento con créditos iniciais de importe superior a 1.600.000 euros: 0,05 puntos por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 0,40 puntos.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 3,15 puntos.

Valoraranse os cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, administracións públicas, escolas públicas oficiais de funcionarios/as e universidades.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Materias sobre as cales deberán versar os cursos e puntuación máxima en relación a cada unha de delas:

– En materia de urbanismo e ambiente (máximo 0,60 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,10 puntos.

• Por cada curso de 31 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos.

• Por cada curso de máis de 100 horas: 0,40 puntos.

– En materia de contratación administrativa (máximo 0,60 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,10 puntos.

• Por cada curso de 31 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos.

• Por cada curso de máis de 100 horas: 0,40 puntos.

– En materia de planificación, xestión económico-orzamentaria, contabilidade e recadación local (máximo 0,60 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,10 puntos.

• Por cada curso de 31 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos.

• Por cada curso de máis de 100 horas: 0,40 puntos.

– En materia de planificación e xestión de recursos humanos e subvencións no ámbito local (máximo 0,55 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,15 puntos.

• Por cada curso de máis de 31 horas: 0,30 puntos.

– En materia de xestión de axudas e fondos comunitarios no ámbito local (máximo 0,50 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,10 puntos.

• Por cada curso de máis de 31 horas: 0,30 puntos.

– En materia de patrimonio, xestión de servizos públicos locais e responsabilidade patrimonial no ámbito local (máximo 0,30 puntos):

• Por cada curso de 10 horas e ata 30 horas: 0,10 puntos.

• Por cada curso de máis de 31 horas: 0,20 puntos.

C) Titulacións académicas e docencia.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 0,75 puntos.

C.1. Por estar en posesión do título de licenciado en dereito: 0,50 puntos.

C.2. Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,25 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposiums ou similares.

Medios de acreditación ou valoración dos méritos.

1. Todos os méritos deberán acreditarse documentalmente ou mediante fotocopias debidamente compulsadas.

Epígrafe A) Servizos prestados: a acreditación destes méritos farase mediante certificación expedida polas entidades locais en que foron prestados os servizos, con indicación expresa do período de tempo en que o funcionario con habilitación de carácter estatal que participa no concurso prestou servizos para ela, da orde da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de urbanismo pola que se aproba definitivamente o plan xeral de ordenación municipal, de se o concello conta con centro de día para maiores e do importe a que ascende o orzamento municipal nos seus créditos iniciais nas anualidades en que se prestan servizos.

Epígrafe B) Cursos de formación e perfeccionamento: a acreditación realizarase mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos que organizaron os cursos.

Epígrafe C) Titulacións académicas e docencia: a acreditación realizarase mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título da licenciatura e mediante certificación expedida polo correspondente centro en que se realizou a actividade docente, con mención expresa do tempo de duración da actividade docente impartida polo funcionario con habilitación de carácter estatal que participa no concurso.

2. Entrevista: non se prevé a realización de entrevista.

3. Só se valorarán aqueles méritos obtidos ou computados ata a data en que finalice o prazo de presentación de instancias, debendo relacionarse sempre na solicitude de participación e acreditarse documentalmente.

Comisión de valoración.

Estará integrada polos seguintes membros:

Titulares:

– Presidente: Miguel Ángel Rodríguez Rodríguez, funcionario con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

– Vogais:

Mónica Vázquez Fandiño, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

Montserrat Casas Cabido, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

Rocío Costoyas Riveiro, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

– Vogal/secretaria da comisión de valoración: María Jesús Romero Chillón, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

Suplentes:

– Presidenta: María Dolores Villar Álvarez, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

– Vogais:

Francisco Javier Rodríguez Tourón, funcionario con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

Celia González Vázquez, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

Noelia Rodríguez Martínez, funcionaria con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

– Vogal/secretario da comisión de valoración: Jacobo Manuel Rayón Cedeira, funcionario con habilitación de carácter estatal subescala secretaría-intervención.

* Secretaría-Intervención do Concello de Mondoñedo (Lugo).

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Complemento específico: 12.477,64 euros brutos divididos en 14 pagas.

Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados:

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 3,60 puntos.

A.1) Por ter prestado servizos en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal da subescala de secretaría-intervención en corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten con área de rehabilitación de conxunto histórico: 0,20 puntos por mes de servizo ou fracción (máximo de 2,00 puntos).

A.2) Por ter prestado servizos en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter estatal da subescala de secretaría-intervención en corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia con centro de información á muller (CIM): 0,20 puntos por mes de servizo ou fracción (máximo de 1,60 puntos).

A acreditación destes méritos farase mediante certificado expedido polas entidades en que foron prestados os servizos.

Para os efectos da valoración dos subpuntos anteriores consideraranse os servizos prestados tanto con carácter definitivo como por calquera das formas de provisión previstas no artigo 39 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

B) Cursos de formación e perfeccionamento:

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 3,15 puntos.

Soamente se valorarán os cursos impartidos polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), escolas públicas oficiais de funcionarios (Escola Galega de Administración Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, etc.) e universidades.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con más de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Os cursos acreditaranse mediante copia compulsada dos títulos ou certificados de asistencia a que se refiren.

Materias sobre as que deberán versar los cursos e puntuación máxima en relación a cada unha de elas:

B.1) Ambiente: máximo de 1,00 punto.

Curso de 16 a 39 horas: 0,10 puntos.

Curso de 40 a 59 horas: 0,25 puntos.

Curso de 60 a 89 horas: 0,50 puntos.

Curso de 90 horas ou máis: 0,75 puntos.

B.2) Contabilidade pública local: máximo de 0,40 puntos.

Curso de 16 a 29 horas: 0,20 puntos.

Curso de 30 a 39 horas: 0,30 puntos.

Curso de 40 horas ou máis: 0,40 puntos.

B.3) Directiva de servizos: máximo de 0,40 puntos.

Curso de 16 a 24 horas: 0,20 puntos.

Curso de 25 a 34 horas: 0,30 puntos.

Curso de 35 horas ou máis: 0,40 puntos.

B.4) Urbanismo: máximo de 0,35 puntos.

Curso de 16 a 19 horas: 0,15 puntos.

Curso de 20 a 29 horas: 0,25 puntos.

Curso de 30 horas ou máis: 0,35 puntos.

B.5) Orzamentos: máximo de 0,30 puntos.

Curso de 16 a 19 horas: 0,10 puntos.

Curso de 20 a 29 horas: 0,20 puntos.

Curso de 30 horas ou máis: 0,30 puntos.

B.6) Recadación tributaria e tesouraría: máximo de 0,30 puntos.

Curso de 16 a 19 horas: 0,10 puntos.

Curso de 20 a 29 horas: 0,20 puntos.

Curso de 30 horas ou máis: 0,30 puntos.

B.7) Recursos humanos: máximo de 0,25 puntos.

Curso de 16 a 19 horas: 0,15 puntos.

Curso de 20 horas ou máis: 0,25 puntos.

B.8) Procedemento administrativo: máximo de 0,15 puntos.

Curso de 16 a 19 horas: 0,05 puntos.

Curso de 20 horas ou máis: 0,15 puntos.

Entrevista: non se prevé a realización de entrevista.

C) Actividade docente: dirixida ao ensino das materias propias do ámbito local en cursos organizados polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas, Administración local) ou escolas públicas oficiais de funcionarios (Escola Galega de Administración Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, etc.). Valorarase cun máximo de 0,75 puntos, a razón de 0,10 puntos por hora impartida. Acreditarase mediante a presentación do certificado correspondente do organismo que o organiza.

Comisión de valoración:

Tribunal titular:

– Presidente: Vicente Pastor Martínez, secretario-interventor do Concello da Pontenova (Lugo).

– Secretaria e vogal da comisión de valoración: Alejandra Pardo Vázquez, secretaria do Concello de Burela (Lugo).

– Vogais:

Begoña Teijeiro Campo, secretaria-interventora do Concello de Meira (Lugo).

José Ángel Balseiro Amido, secretario-interventor do Concello de Rábade (Lugo).

Carlos Temprano Temprano, secretario-interventor do Concello do Valadouro (Lugo).

Tribunal suplente:

– Presidenta: Ruth López-Mosquera García, secretaria do Concello de Sarria (Lugo).

– Secretario e vogal da comisión de valoración: Marco Antonio García Gabilán Sangil, secretario-interventor do Concello do Corgo (Lugo).

– Vogais:

José Luis Vázquez Méndez, secretario-interventor do Concello de Guntín (Lugo).

Monserrat Casas Cabido, secretaria-interventora da Agrupación Os Blancos-Porqueira (Ourense).

Rocío Costoyas Riveiro, secretaria-interventora do Concello de Entrimo (Ourense).

* Secretaría-Intervención do Concello de Vilariño de Conso (Ourense).

Nome do posto: secretaria-intervención.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Complemento de destino: 26.

Complemento específico: 13.794,49 euros en 14 pagas.

Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados:

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 3,60 puntos.

A1) Por servizos prestados como secretario/a-interventor/a en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación inferior a 1.000 habitantes: 0,04 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 1,90 puntos.

A2) Por servizos prestados como secretario/a-interventor/a en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que conten no seu territorio con espazos protexidos declarados como parques naturais: 0,02 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 0,90 puntos.

A3) Por servizos prestados como secretario/a-interventor/a en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, con encoros afectados pola Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos de auga encorada: 0,01 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 0,40 puntos.

A4) Por servizos prestados como secretario/a-interventor/a en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que conten cun punto de atención á infancia, que xestione directamente o concello: 0,01 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 0,40 puntos.

Para efectos de valoración dos subpuntos anteriores consideraranse os servizos prestados tanto con carácter definitivo como por calquera das formas de provisión previstas no artigo 10.2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de: 3,10 puntos.

Valoraranse os cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, administracións públicas, escolas públicas oficiais de funcionarios e universidades, ou entidades públicas ou privadas ao abeiro dos acordos de formación contínua para as administracións públicas.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, xornadas, simposios, encontros e semellantes nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Materias sobre as que deberán versar os cursos e puntuación máxima en relación a cada unha dela:

B1) Administración electrónica e acceso electrónico dos cidadáns: máximo 0,90 puntos.

Cursos de 16 a 49 horas: 0,25 puntos.

Cursos de 50 a 100 horas: 0,45 puntos.

Cursos de máis de 100 horas: 0,65 puntos.

B2) Contratación: máximo 0,50 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B3) Contabilidade, tesouraría e recadación: máximo 0,30 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B4) Servizos públicos: máximo: 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B5) Patrimonio: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B6) Responsabilidade patrimonial: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 25 ou máis horas: 0,20 puntos.

B7) Expropiación forzosa: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B8) Dereito industrial ou de marcas: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 29 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 30 ou máis horas: 0,20 puntos.

B9) Subvencións: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 21 ou máis horas: 0,20 puntos.

B10) Recursos humanos: máximo de 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 19 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 20 ou máis horas: 0,20 puntos.

Medios de acreditación ou valoración dos méritos:

Epígrafe de servizos prestados: a acreditación destes méritos farase mediante certificado expedido polas entidades en que foron prestados os servizos.

Epígrafe de cursos de formación e perfeccionamento: a acreditación realizarase mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos organizadores deles.

Entrevista: non se prevé a realización de entrevista.

Comisión de valoración:

Tribunal titular:

– Presidente: Paulino Fernández Salgado, secretario-interventor do Concello de Monterrei (Ourense).

– Secretario e vocal: Santiago Rafael Lorenzo Taboada, secretario-interventor do Concello de Laza (Ourense).

– Vogais:

María Milagros Calvo Carballo, secretaria-interventora do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

Pilar del Carmen Saborido Díaz, secretaria do Concello de Verín (Ourense).

Darío Antonio Mangana Rivas, secretario-interventor do Concello da Gudiña (Ourense).

Tribunal suplente:

– Presidente: Santiago Mansilla Vázquez, secretario-interventor do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

– Secretario e vocal: Raúl Gallego Hérnandez, secretario-interventor do Concello da Rúa (Ourense).

– Vogais:

Gema Leal Insua, Interventora do Concello Ponte Caldelas (Pontevedra).

Ana Álvarez Blanco, secretaria-interventora do Concello da Mezquita (Ourense).

Laura Fernández Permuy, secretaria-interventora do Concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

missing image file
missing image file