Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2011/129-2, 7965 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento L.M.T. As Medas.

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas:

• L.M.T.A. a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente 3-A-4, pertencente á L.M.T.A. SEQ 807 (Ribas de Sil 7) e remata nun apoio metálico de celosía, cunha lonxitude de 249 metros, en condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo