Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. para centro de servizos ao viaxeiro no concello de Riós (expediente IN407A 2012/5-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Vec Rios, S.L.

Domicilio social: As Ferreiras, 32611 Riós.

Denominación: L.M.T. e C.T. para centro de servizos ao viaxeiro.

Situación: Riós.

Características técnicas:

L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 15 m en aéreo con condutor LA-56 e 120 m en subterráneo con condutor R.H.Z.-1 20L 3×95 mm2 e orixe na L.M.T. VER 807 e remate no C.T. proxectado prefabricado en caseta de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 36.358,50 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 1 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense