Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre actividade de estruturas metálicas do sector enerxético, almacenamento e venda de material eléctrico e de fontanaría en Cimadevila.

Foelca, S.L. solicitou a licenza para a actividade de fabricación de estruturas metálicas do sector enerxético, almacenamento e venda de material eléctrico e de fontanaría, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en nave sita no lugar de Cimadevila, 19, Boiro, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo por dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 27 de febreiro de 2012.

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde