Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión definitiva do posto de subalterno-notificador deste concello como persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 243, do 21 de decembro de 2011, procedeuse á publicación da convocatoria-bases da selección para a provisión definitiva do posto de subalterno-notificador que figura no cadro de persoal do Concello do Porriño, como persoal laboral fixo, integrado no grupo de clasificación profesional de agrupacións profesionais (AP). O sistema selectivo é o de concurso-oposición libre.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) n.º 249, do 30 de decembro de 2011, publicouse anuncio relativo á dita convocatoria.

Como no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 50, do 12 de marzo de 2012, se publicou anuncio de corrección da citada convocatoria-bases, procede publicar este novo anuncio relativo á convocatoria das probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita, lembrando que o prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O Porriño, 15 de marzo de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde