Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11870

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Jesús Modesto Perdomo Murado.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 953/2010 (procedemento ordinario), interposto por Jesús Modesto Perdomo Murado fronte á resolución da directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 29 de setembro de 2010, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 28 de xuño de 2010 (DOG do 12 de xullo), pola que se fan públicos os acordos definitivos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo e á presentación da documentación dos/as definitivamente seleccionados/as.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos