Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11869

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Arias Reigada.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 31/2012 (procedemento ordinario), interposto por María Arias Reigada fronte á Resolución do 12 de novembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos/as definitivamente seleccionados/as (DOG do 25 de novembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos