Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 717/2008, do 16 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de outubro de 2008, pronunciou a sentenza número 00717/2008, ditada no procedemento ordinario n.º 4123/1992, interposto por Alberto Fernández Piñeiro, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, aceptando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Alberto Fernández Piñeiro contra a Orde da CPTOP do 27 de decembro de 1990, sobre aprobación definitiva do proxecto de revisión e adaptación do PXOU de Lugo, así como contra o rexeitamento presunto do recurso de reposición formulado contra a dita orde, anulamos en parte a mencionada orde impugnada do 27 de decembro de 1990, canto á clasificación como solo urbano dos seguintes terreos indicados no suplico da demanda: o situado á esquerda e á dereita do Estadio Ángel Carro, o que se encontra ao leste do Cuartel de Garabolos e o que se encontra entre a unidade de actuación que se denomina Augas Férreas e o Río Miño; con rexeitamento das restantes pretensións; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo