Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación de potencia do C.T. Lamas.
Situación: Moraña.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado na Igrexa, Lamas, Moraña, a 100 kVA con R.T. 20 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 13 de marzo de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra