Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (182/2011).

Neste órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo a representación procesual de José Vidal Baliñas fronte ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), sobre inclusión en proceso selectivo, que se tramita como procedemento abreviado número 182/2011.

En cumprimento da dilixencia de ordenación ditada nese procedemento, de 29.2.2012, publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da interposición do mencionado recurso contencioso-administrativo, que se dirixe contra a resolución da directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), do 24 de xaneiro de 2011, pola que se resolve estimar o recurso potestativo de reposición interposto por Jacobo Parente Bermúdez, que acorda a anulación de todas as actuacións de José Vidal Baliñas como aspirante e a súa exclusión definitiva do concurso-oposición convocado pola Resolución do 18.2.2009 da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, na categoría do grupo administrativo da función administrativa.

Publícase este edicto para que sirva de emprazamento por un prazo de quince días para comparecer ante este xulgado, por medio de escrito sen necesidade da intervención de avogado nin procurador, dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da resolución impugnada.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.

J. Miguel Formoso Sobrado
Secretario xudicial