Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, da subministración e entrega dun mínimo de 1.550 fundas de protección ignífugas para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais (5/12-I) (expediente 05/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de 1.550 fundas de protección ignífugas para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais (5/12-I).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de execución /entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: 35 días.

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente; procedemento aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 190.466,10 euros, IVE (18%): 34.283,90 euros, importe total: 224.750,00 euros.

Valor estimado: 190.466,10 euros (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, n.º 5, 2.º andar. CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17298

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); tamén se poderá enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, edificio administrativo San Caetano, n.º 5, 2.º andar (edificio dos espellos).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Hora: 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 20.1.2012; DOG n.º 16, do 24 de xaneiro)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar