Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre unha actividade de venda e recambio de pneumáticos no polígono As Lagoas.

Fernando Martínez Fernández solicitou nesta alcaldía licenza municipal para unha actividade de venda e recambio de pneumáticos na rúa Cento Vinte, local n.º 7, polígono As Lagoas. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 1 de marzo de 2012.

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral