Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave para transformación de vehículos.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 4/2012.

Actividade: nave industrial destinada á transformación de vehículos.

Situación: parcela H-19 do parque empresarial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Transformaciones Bergantiños, S.L., representada por Juan Lema Fondo.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de poderen alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 9 de marzo de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde