Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2012/47-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T.S. Bouza Valada.

Situación: Tui.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 DE 760 metros de lonxitude, con orixe no apoio n.º 10 C-2.000/16 da L.M.T.A. Bouza Valada I, no cal se realiza un paso aerosubterráneo, e final no centro de transformación existente Areas Tanatorio. A instalación está situada na Bouza Valada, Areas, concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra