Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de febreiro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións das bateas Carmen I e Carmen II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Carmen I e Carmen II, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 20 de xaneiro de 2012, Ángela García Torres (35303136-E), Cándido García Torres (35248444-R) e Julio García Torres (35253448-Z) solicitaron autorizacións para a transmisión das concesións das bateas Carmen I e Carmen II.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias no secretario xeral técnico, secretarios xerais, directores xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 16, do 24 de xaneiro).

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Ángela García Torres (35303136-E), Cándido García Torres (35248444-R) e Julio García Torres (35253448-Z), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmen I.

Situación:

Cuadrícula número: 3.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.6.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Cándido García Freijo (35146225-V) e Ángela Torres Barreiro (35177252-V).

Novos titulares: Ángela García Torres (35303136-E), Cándido García Torres (35248444-R) e Julio García Torres (35253448-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmen II.

Situación:

Cuadrícula número: 39.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.6.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Cándido García Freijo (35146225-V) e Ángela Torres Barreiro (35177252-V).

Novos titulares: Ángela García Torres (35303136-E), Cándido García Torres (35248444-R) e Julio García Torres (35253448-Z).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde do 20.1.2012; DOG n.º 16, do 24 de xaneiro)
Por ausencia (Resolución do 25.1.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo