Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2012 pola que se notifica a resolución de suspensión de obras derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/43/2012-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 8 de marzo de 2012, resolución en que ordena a inmediata suspensión das obras que está a executar Jaime Gómez Pereira, consistentes na construción dunha edificación para usos residenciais, no lugar dos Bravos, parroquia de Estás, no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra, a retirada dos materiais preparados para ser utilizados na obra ou actividade suspendida, a maquinaria afecta a ela e a suspensión das correspondentes subministracións de auga, electricidade, gas e telecomunicacións ás obras que se ordena paralizar.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística