Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 13005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle número 11 das normas subsidiarias de planeamento deste concello.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 6 de marzo de 2012, o estudo de detalle n.º 11 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública de vinte (20) días, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 12 de marzo de 2012.

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde