Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012023AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de febreiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012023AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Latino Gallega de Hostelería Muymenta-Villalba, S.L. (Latino Bar).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Latino Gallega de Hostelería Muymenta-Villalba, S.L. (Latino Bar) o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, n.º 9 de Lugo, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 12 de marzo de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º expediente: 2012023AL-LU.

Denunciado: Latino Gallega de Hostelería Muymenta-Villalba, S.L. (Latino Bar).

DNI/NIF/CIF: B-27361294.

Último enderezo coñecido: Camiño da Igrexa, n.º 5, Muimenta, Cospeito (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 2.1.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 5.1 do Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 10 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

– Artigo 41.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos cinco euros (605,00 €).