Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 29 de marzo de 2012 pola que se notifica a Resolución do 2 de febreiro de 2012, de inicio do procedemento de incautación de garantías constituídas mediante aval bancario, depositadas no IGVS en garantía da responsabilidade por danos causados na urbanización de San Paio de Navia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a Resolución do 2 de febreiro de 2012, de inicio do procedemento de incautación de garantías constituídas mediante aval bancario, depositadas no IGVS en garantía da responsabilidade por danos causados na urbanización de San Paio de Navia.

O interesado dispón dun prazo de dez días hábiles, a partir do día siguinte ao da publicación deste anuncio, para alegar o que considere conveniente ao seu dereito ante a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O expediente atópase á disposición do interesado durante o dito prazo das 9.00 ás 14.00 horas na Dirección Técnica de Solo da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Área Central, s/n, pg. das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña).

Persoa para notificar: Veciñas de Vigo, Soc. Coop. Galega de Vivendas.

Enderezo: rúa As Teixugueiras, n.º 19, 36212 Vigo, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo