Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Enmacosa, S.A. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Manuel Gregorio Miranda Cadornida en nome e representación de Enmacosa, S.A., con CIF A-36039956, con domicilio social na Torre 2C-Adina, 36979 Sanxenxo (Pontevedra), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primeiro. Enmacosa, S.A. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, para as actividades de inspección na área ambiental, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación n.º 70/EI443, do 24 de febreiro de 2012, e no anexo técnico revisión 1, con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data 12 de marzo de 2012, Gregorio Miranda Cadornida en nome e representación de Enmacosa, S.A. presentou escrito solicitando, ao abeiro do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, presenta a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE n.º 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE n.º 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE n.º 246, do 14 de outubro; DOG n.º 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG n.º 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG n.º 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo de 1992) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Tercero. A documentación presentada por Enmacosa, S.A. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Enmacosa, S.A. para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Entidade de inspección tipo C na área ambiental no ámbito de solos potencialmente contaminados e augas subterráneas asociadas.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e poderá ser suspendida ou revogada ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

3. Enmacosa, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, e deberá, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou, o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada as seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (Enac).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental