Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas L.M.T., C.T., R.B.T. Vista Real, Carral (expediente 282/2009).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 17 m de lonxitude, coa orixe no apoio n.º 5 da L.M.T. BEG-706, tramo derivada ao C.T. Damil (expediente 32.593) e final no centro de transformación para instalar no lugar de Vista Real, no termo municipal de Carral (expediente n.º 282/2009), por resolución desta xefatura territorial de data 3 de marzo de 2010, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, n.º 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 16 de maio de 2012 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Carral, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Opinión de datas 16.9.2009, 18.9.2009, 15.9.2009, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña