Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (153/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 153/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o catorce de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 153/2009 seguidos por instancia de María Pilar Sánchez Gándara, representada polo letrado Sr. Grobal Blanco, contra a empresa Promogar Atlántico, S.L., que non comparece e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por María Pilar Sánchez Gándara, representada polo letrado Sr. Grobal Blanco, contra a empresa Promogar Atlántico, S.L., que non comparece e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.252,46 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que en aplicación do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Promogar Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial