Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (915/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 915/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Arijón Pérez contra a empresa Imperio Dama, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre procedemento ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Josefa Arijón Pérez, contra Imperio Dama, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Imperio Dama, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.750,34 euros, por salarios de maio, parte proporcional de paga extra de xullo, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2011, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle á destinataria, empresa Imperio Dama, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial