Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles no polígono industrial de Trabanca Badiña.

Juan Alberto Paulos Barros solicitou licenza municipal de actividade para taller de reparacion de automóbiles (epígrafe 691.2: reparación automóbiles e bicicletas), que se instalará na rúa Enxeño 8-polígono industrial de Trabanca Badiña. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2012.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente