Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 12 de marzo de 2012 de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Crecente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Crecente, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental