Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Organización de Productores Artesanales de Galicia (Opaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos estatutos das organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, reguladora do dereito de asociación sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da acta da asemblea xeral extraordinaria da Organización de Productores Artesanales de Galicia (Opaga) onde se reflicte o acordo acadado o 20 de xaneiro de 2012, na cal se recolle a modificación dos artigos 2, 5, 6, 9, 21 e 30 dos estatutos da dita organización, e procedeuse ao seu depósito.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais