Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2012, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de seguro das obras de arte da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do CGAC.

Enderezo: rúa Valle Inclán, 2. 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de seguro das obras de arte da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento do contrato: 30.321,05 €.

Exercicio 2012: 20.707,05 €.

Exercicio 2013: 9.614,00 €.

4. Prazo de vixencia: un ano, prorrogable.

5. Fianzas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: non procede.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano, 15711 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e, así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da rede internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17354

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura, ás 11.00 horas da data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura