Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime rurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución ditada no expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo) por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorrial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, 70-1.º, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio enviarase, así mesmo, ao concello correspondente ao última enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Lugo, 9 de marzo de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: resolución.

Interesado: Manuel Cuba Rodríguez e outros.

Último enderezo coñecido: rúa Montero Ríos, 37-6.º C, Lugo.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de data 25 de xaneiro de 2012, pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo).

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data de publicación desta notificación, poderá vostede intepor recurso de alzada contra a ela ante a conselleira do Medio Rural e do Mar na forma prevista regulamentariamente.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Lugo, sito no edificio administrativo rolda da Muralla, 70-1.º, baixo, Lugo.

Modificación acordada: gravar, cunha serventía de 5 metros de ancho e 495 metros lineais, os predios 155, 156, 157, 159, 160, 161, 162 e 163, seguindo o trazado dun camiño existente. O predio 159 figura con 1.780 m2.