Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de información pública sobre expediente de licenza urbanística para ampliación de nave de conxelado de peixe no polígono A Pedreira, Xil.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de licenza urbanística e de apertura tramitado por instancia de Francisco Muñiz e Hijos, S.A. para ampliación de nave existente destinada a industria de conxelación de peixe, no polígono A Pedreira, O Pazo, parroquia de Xil, de modo que durante un prazo de vinte días, contados a partir da última publicación no BOP ou DOG, poderán presentarse alegacións en relación coas solicitudes formuladas e consultar os expedientes en horario de oficina.

Meaño, 9 de abril de 2012.

Jorge Domínguez Rosal
Alcalde