Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto por Jorge Valdés Paredes.

Con data do 1 de marzo de 2012, a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso de alzada formulado por Jorge Valdés Paredes contra a Resolución do 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican listaxes definitivas das axudas concedidas e denegadas do fondo de acción social para o exercicio de 2010, correspondentes, entre outras, á prestación por adquisición de vivenda.

Tentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por estar ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Jorge Valdés Paredes a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución, mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante, á elección do demandante, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña aquel seu enderezo ou o de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública