Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 548/2011, do 9 de xuño de 2011, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 9 de xuño de 2011, pronunciou a sentenza número 548/2011, ditada no procedemento ordinario n.º 4662/2008, interposto por María Criado Montes, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por María Criado Montes contra a Orde do 16 de maio de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes pola que se deu aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, e anulámola, por ser contraria a dereito, no que se refire á delimitación do AOD-4-06, que debe ser modificada co fin de que inclúa nela a totalidade do predio da demandante, con referencia catastral 3453902NG2735S. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

M.ª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo