Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións do 18 de xaneiro de 2012, de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia e axuda excepcional, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 25 de marzo de 2011), relativa aos expedientes TR341D 2011/1677-2 e TR341D 2011/1678-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 20 de marzo de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/1677-2.

Nome: Marysol Morales López.

DNI/NIF: 34290554-S.

Último enderezo coñecido: rúa Serra de Ancares, 48-2.º, 27003 Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentado a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.

N.º de expediente: TR341D 2011/1678-2.

Nome: Marysol Morales López.

DNI/NIF: 34290554-S.

Último enderezo coñecido: rúa Serra de Ancares, 48-2.º, 27003 Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentado a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.